Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

V Xuntanza Motera Os Keimaos

31/08/2019 @ 00:00 - 01/09/2019 @ 14:00

Chega o noso 5° aniversario,
a «V Xuntanza Motera Os Keimaos».

Como tódolos anos teremos rutas en moto, pinchos a reventar, xogos moteros, festa nocturna e máis sorpresas.

Ademáis este ano, para celebrar o noso 5° aniversario, contaremos cun evento que non vos podedes perder.
O «I Dirt Track De Moraña».
Un espectáculo que poderedes disfrutar dende primeiras horas da mañá cos entrenos libres, ata xa entrada a noite coa celebración das últimas mangas.

Nesta ocasión imos cambiar a ubicación do evento, que será á sombra dos carballos da Carballeira de Santa Lucía. (Centro de Moraña).
Así mesmo o dirt track terá lugar na explanada situada a carón da Carballeira (antiga ubicación da Xuntanza).

Tamén cabe destacar, como cambio importante, que este ano non vai haber cea pra inscritos. A idea é que cada un poida cear cando lle veña mellor nun dos restaurantes ou bocaterias que están situadas a carón da Carballeira.
Inda así teremos unha inscrición (solo en taquilla) polo módico prezo de 5€, a cal inclúe:

* Mochila.
* Regalo.
* Número para sorteos.
* Sorteo roda, envío e medida a elexir.
* 1 caña.
* 1 refresco.
* Pases para piscina.

A continuación deixamos os horarios da Xuntanza e do dirt track por separado:

XUNTANZA:

SÁBADO 31:
12:00 Apertura de inscricións.
17:30 Saída ruta pola comarca.
19:30 Pinchos a reventar pra todos os asistentes e sorteo de regalos para inscritos.
20:00 Entrega de trofeos e agradecementos.
23:30 Comezo da festa dj a cargo de Audio Troula.
00:00 Saída ruta nocturna.
4:00 Fin da festa.

DOMINGO 1:
10:30 Almorzo gratis na carballeira pra tódolos asistentes.
11:30 Saída ruta pola comarca.
14:00 Fin da ruta e da Xuntanza.

DIRT TRACK:

SÁBADO 31:
12:00 Entrenos libres 1
16:00 Entrenos libres 2
18:30 Warm Up
20:30 Carreiras 1° manga
21:30 Carreiras 2° manga
22:30 Entrega de trofeos

Coma cada ano teremos zonas de acampada o aire libre e cuberto, con duchas dispoñible para todos os asistentes que o necesiten.

Esperamos estar a altura e que disfrutedes moito deste evento que organizamos con moitas ganas e ilusión.

VEMONOS EN MORAÑA.

Detalles

Comienza:
31/08/2019 @ 00:00
Finaliza:
01/09/2019 @ 14:00
Categoría del Evento:
Web:
https://www.facebook.com/events/332438487677630

Local

Moraña
Moraña, ES + Google Map
Si eres el organizador de un evento y quieres aparecer en esta página, envíanos información de tu evento en este correo electrónico: [email protected]



DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Publicidad
Publicidad